NEBRA é un proxecto musical inspirado na estructura das cantigas tradicionais das cantareiras,
pero con sons de electrónica, baixo eléctrico e percusión máis afastada do concepto tradicional.

A banda nace en abril do 2020 en Lugo da man da cantante e mestra de canto Sara Pérez Cruz
(Sara Nebra), en colaboración co baixista Ángel Boquete e o batería Ro Muñoz.

Durante a etapa do confinamento, NEBRA sacou o seu primeiro tema, Xoias d’auga, co arranxo
de Daniel Díaz Rodríguez, compositor ribadense gañador de 3 premios Jerry Goldsmith Awards
no ano 2016, e nomeado a mellor banda sonora en Sitges e Fumicinema 2018.

NEBRA participou no Proxecto Lorca, promovido pola área de Cultura da Deputación e a USC
de Lugo, con motivo da celebración do centenario das viaxes do poeta e dramaturgo por Galicia.
O grupo musicaliza Danza da lúa en Santiago, un dos seis poemas galegos e gravan o tema
nos Estudios Abrigueiro.

Debido a situación do Covid-19, NEBRA fixo varios concertos en streaming, destacando o do
Xacobeo’21 e o do Día da Música na sala Clavicémbalo.

A realización das imaxes que acompañan ás cancións de NEBRA foi realizado polo artista e
fotógrafo lucense Boris Edrosa.